O BNG cede ao PSdeG un posto na Mesa do Parlamento, que se constitúe esta mañá. O Bloque volverá situar no órgano reitor da Cámara a Montse Prado como vicepresidenta segunda, posto que xa exerceu na pasada lexislatura, e permite que os socialistas continúen coa secretaría segunda "en aras a visibilizar a pluralidade da Cámara tamén nos seus órganos de dirección". Na imaxe, o grupo parlamentario do BNG.
