Unha muller é asasinada presuntamente pola súa exparella nunha vivenda na parroquia de Palmeira, no Concello de Ribeira. O crime, do que se tivo coñecemento a última hora da tarde deste martes, está a ser investigado como un posible caso de violencia machista pola Policía. [Na imaxe, o porto de Palmeira CC-BY-SA Concello de Ribeira]
