María Pan, nova alcaldesa de Cambre en substitución de Óscar García Patiño, que dimitiu do cargo alegando o "bloqueo" da institución por decisións da secretaría e da intervención municipais. A nova rexedora, primeira muller que exerce a alcaldía neste municipio, tivo os votos a prol do seu partido, Unión por Cambre. O PP local votou pola súa voceira, Diana Piñeiro, mentres que PSdeG, BNG e Alternativa dos Veciños se abstiveron. [Imaxe: Concello de Cambre]
