Besteiro presenta un milleiro de avais á súa candidatura para liderar o PSdeG e este sábado será proclamado secretario xeral electo. O deputado lucense, único candidato ao proceso no que as normas requiren entre 600 e mil avais, recibirá a proclamación cando transcorran as 24 horas regulamentarias para a presentación de posibles recursos. A renovación da dirección do partido culminará coa elección da nova Executiva Nacional no Congreso que o partido celebrará o 27 de abril. Na imaxe, Besteiro diríxese a entregar os avais na sede nacional do PSdeG, este venres. [CC BY-NC-SA PSdeG]
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/53603425286-c043dc81f1-b-97fb212.jpeg)