Carles Puigdemont será o candidato de Junts per Catalunya á Presidencia da Generalitat nas vindeiras eleccións catalás do 12 de maio. Anunciouno na tarde deste xoves nun acto desde Elna (Francia) no que estivo acompañado de destacados líderes do seu partido. No seu discurso, Puigdemont expresou o seu desexo de que houbese unha candidatura independentista unitaria porque –dixo– "cando máis avanzamos foi cando máis unidos estabamos". Desta maneira, o agora eurodeputado catalán confirmou tamén que non formará parte da candidatura ás eleccións europeas de xuño.
