Multitudinaria concentración en Ribeira para condenar o asasinato machista cometido na parroquia de Palmeira no que un home acabou coa vida dunha muller de 24 anos que deixa orfo un neno de dous anos. A veciñanza reuniuse no Malecón a última hora do mércores convocada polo Concello e a plataforma Mulleres do Barbanza. Para este xoves, a partir das 19h, o feminismo galego chama a concentrarse nas vilas e cidades contra este feminicidio. [Fotografía da mobilización en Ribeira CC-BY-SA Concello de Ribeira]
