Altri suspende as charlas na defensa da súa implantación na Ulloa por ser recibidas con protestas. Greenfiber, a sociedade coa que Atri impulsa o proxecto, di a través dun comunicado que frea os encontros polo que denominan "actitude agresiva e en aumento de determinados colectivos". A plataforma Ulloa Viva rexeita as acusacións e apunta a que "o que pasou" foi que "non saben responder ás preguntas dos veciños e aos que non lles interesa non lles pasan o micro". "Violencia -engaden- é que te queiran botar da túa casa e te teñas que enterar pola prensa".
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/gjias3nwkaar6cf-b3c005d.jpeg)