O xefe territorial da Consellería de Educación en Pontevedra compara o Goberno de España co "réxime nazi" durante unha charla para estudantes en Soutomaior. César Pérez Ares participaba no encontro en calidade de ex-deputado do PP xunto a Manuel Lourenzo, ex-deputado do BNG e alcalde da vila, e mais con Leticia Gallego, que foi deputada do PSdeG. A socialista recriminou a Pérez Ares a súa "lamentable intervención", na que ven un "desprezo polas máis elementais regras da democracia". Cóntao Pontevedra Viva. Na imaxe, de arquivo, o ex-deputado popular, nunha xuntanza na delegación da Xunta en Pontevedra.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/b94529a711a077bb778e53cb990dea0a-a51dd79.jpeg)