A Axencia Estatal de Meteoroloxía ten activo aviso vermello no litoral da Coruña para este domingo, con nivel laranxa ou amarelo por chuvia e vento en todo o país.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía ten activo aviso vermello no litoral da Coruña para este domingo, con nivel laranxa ou amarelo por chuvia e vento en todo o país.
Pontevedra acolle este sábado os Premios Feroz, cuxa cerimonia de entrega se emite en directo a partir das 22.00 horas en La 2 e RTVE Play. Organizados pola asociación de informadores cinematográficos, a gala tamén se celebrará en Pontevedra en 2026.
Refachos de case 140 km/h na Mariña e fortes chuvias que irán a máis durante as vindeiras horas polo paso do temporal Éowyn por Galicia. En Viveiro, dúas mulleres resultaron feridas logo do impacto dun quiosco metálico desprazado polo vento.
A Xunta suspende a actividade deportiva federada no exterior en varios concellos pola alerta laranxa por vento que afecta Galicia. Varios municipios pecharon xa parques e praias e prohibiron tamén as actividades deportivas ao aire libre.
A Fiscalía pide tres anos de prisión e 18 de inhabilitación para o alcalde de Sada, Benito Portela. Acúsao de non tramitar multas a locais de hostalería e reclama tamén tres anos de cadea para a concelleira de Seguridade. Os dous defenden a súa inocencia.
A Xunta activa a alerta laranxa no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra. Desde este venres, 24 de xaneiro, os ventos serán intensos (forza 8) e as ondas poden acadar os seis metros de altura. Segundo informa a Aemet, o fenómeno meterolóxico adverso costeiro se sentirá con menos intensidade en Lugo, onde o nivel de alerta será amarelo.
Altri merca a Greenalia as súas divisións de compra de madeira a propietarios forestais (Greenalia Forest) e loxística (Greenalia Logistics). A compañía portuguesa é socia da galega no proxecto Gama, co que buscan instalar a factoría en Palas de Rei actualmente pendente dos informes ambientais da Xunta, que o avala a través da sociedade Impulsa Galicia. "Con esta adquisición, Altri reforza a súa presenza en Galicia", di a empresa a través dun comunicado, no que especifica que prevé culminar a operación -da que non revela o importe- neste trimestre, unha vez acreditado que cumpre as "condicións previas" que son "comúns en transaccións desta natureza". Na imaxe, planta de biomasa de Greenalia [©Greenalia]
Terbutalina anuncia unha pausa indefinida e despedirase dos escenarios o vindeiro 22 de febreiro no Emigrasons en Bruxelas. A banda de Esteiro di adeus cun último tema, Bicos.
O novo plan eólico será elaborado por unha consultora á que a Xunta está disposta a pagar 780.000 euros durante tres anos. A adxudicataria deberá preparar o groso da documentación, incluídas propostas de resposta ás alegacións da cidadanía, e o Goberno galego terá a decisión final.
O deputado do PP que negou ter "constancia" de mortes de presos no campo de concentración de San Simón descúlpase e atribúeo a un "malentendido". "Sei e recoñezo publicamente que na Illa de San Simón morreron moitos represaliados, uns por fusilamentos, outros por falta de alimentos e outros por enfermidade", evidencia agora José Luis Ferro, quen asegura que só se refería a "fusilamentos masivos".