Jonas Vingegaard, gañador d'O Gran Camiño tras impoñerse este domingo na contrarreloxo da tirada final, entre Novo Milladoiro (Ames) e a compostelá Praza do Obradoiro. O danés do equipo Jumbo finaliza a rolda galega con tres triunfos noutras tantas tiradas e como primeiro da clasificación xeral e da montaña. Jesús Herrada (Cofidis) finalizou segundo na clasificación xeral e Rubén Guerreiro (Movistar), terceiro. [Imaxe: © Sprint Cycling / O Gran Camiño)
