A Igrexa dá en admitir que rexistrou ao seu nome un milleiro de bens que non eran seus ao abeiro dunha reforma do Goberno de Aznar e, tras negociar co actual Goberno de España, declárase disposta a devolvelos. Coas controvertidas inmatriculacións, a institución católica inscribira case 35.000 bens, uns 7.000 deles en Galicia dos que máis da metade eran terreos e edificios de uso non relixioso. Na imaxe, Pedro Sánchez este luns co presidente da Conferencia Episcopal Española, Juan José Omella. Tras a xuntanza, emitiron un comunicado conxunto ao respecto.
