José Mujica anuncia que sofre un cancro de esófago. O expresidente uruguaio informa nunha rolda de prensa de que a súa saúde complícase, ademais, pola enfermidade do sistema inmunolóxico que xa padecía. "Mentres poida, seguirei militando e entretido coas verduras. Mentres o rollo aguante, vou seguir (...) Quero transmitirlle ás pibas e pibes que a vida é fermosa, e gástase e vaise", di Mujica. [Na imaxe, José Mujica en El Pepe, una vida suprema, o documental de Emir Kusturica]
Fálase
Pedro Sánchez comunicará ás 11 desta mañá se dimite ou continúa na presidencia do Goberno de España a través dunha "declaración institucional" dende La Moncloa, segundo vén de confirmar a Secretaría de Estado de Comunicación, que inicialmente a situara nas 12. O máis destacado do seu anuncio, este mediodía en Praza.gal. [Imaxe: © José Manuel Álvarez / Pool Moncloa]
Falece aos 92 anos a poeta e activista Luz Fandiño, segundo vén de comunicar a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín. Alén do seu labor literario, Fandiño mantivo un fondo compromiso feminista e con múltiplas causas sociais e políticas, especialmente na cidade de Compostela. En 2020 a directora Sonia Méndez retratou a súa vida no documental A poeta analfabeta. Na imaxe, Luz Fandiño durante a "mullerenaxe" a Maruxa e Coralia en Santiago (2012).
- OBITUARIO | Luz Fandiño, versos e loita ata a fin
O Aldebarán de San Sadurniño regresa á elite do voleibol masculino tras gañar por 3-1 á Textil Santanderina. O ascenso á Superliga do equipo de Ferrolterra chega apenas dous anos despois de perderen a categoría, á que subiran tras a súa histórica proeza de 2018. O Aldebarán San Sadurniño é un club nado en torno ao colexio público da localidade e baseado na canteira. Crónica en Ferrol 360 [Imaxe: RFEV]
- HEMEROTECA (2018) | A proeza do Aldebarán sitúa San Sadurniño na elite do voleibol
Anxo Angueira ingresa na Real Academia Galega cun discurso centrado na poética da luz na obra de Rosalía de Castro: "A Alborada de Rosalía ten un fondo político e feminista indiscutible, resulta unha verdadeira arenga". Na cerimonia, celebrada en Padrón, ao novo académico respondeulle no nome da RAG a académica Chus Pato. [Imaxe: © RAG]
Cargos do PP concéntranse en Cambados, Malpica -na imaxe- e Viveiro para celebrar o aval do Constitucional á lei do litoral fronte ao recurso do Estado e reclamar que o Goberno de España traspase os medios materiais e o persoal "para que a Xunta poida outorgar as concesións no dominio público marítimo-terrestre". [Imaxe: PPdeG]
- O Constitucional avala por unanimidade a Lei do Litoral da Xunta que recorrera o Goberno de España
- HEMEROTECA | A Xunta considera "esencial para o desenvolvemento sustentable" impulsar unha rede de hoteis no litoral
- HEMEROTECA | O PP volve prometer os mesmos 15 traspasos de competencias tras quince anos sen lograr ningún
Ana Miranda recunca como cabeza de lista do BNG ás eleccións europeas. Bieito Lobeira, Mar Pérez e Rogelio Santos Queiruga séguena na candidatura aprobada nesta mañá polo Consello Nacional da formación. A formación soberanista volve concorrer aos comicios na coalición Agora Repúblicas xunto a ERC, EH Bildu e Ara Més.
- AMPLIAMOS 👉 Unanimidade no BNG para que Ana Miranda repita candidatura ás europeas
- O BNG recunca na coalición Agora Repúblicas para as eleccións europeas xunto a ERC, Bildu e Ara Més
- 37 anos de eleccións europeas en Galicia: alta abstención e sorpresas nunha cita que ata 2019 dominou o PP
- As eleccións europeas avalían o ascenso no continente dunha dereita en guerra interna
Neve a 27 de abril. Areas montañosas das provincias de Lugo e Ourense están a rexistrar precipitacións en forma de neve que, na mañá deste sábado, chegaron tamén á capital lucense e a puntos da Terra Chá. A imaxe do radar de MeteoGalicia reflicte a neve acumulada dende a medianoite e ata as 8h30 desta mañá
O comité federal do PSOE vira este sábado en mobilización para tentar que Pedro Sánchez non dimita. Unha ampla delegación do PSdeG con Besteiro á fronte viaxou a Madrid para participar na xuntanza e mais na concentración ante a sede federal do partido. [Na imaxe, Sánchez e Besteiro nun mitin previo ás eleccións galegas]
A Federación Galega de Fútbol confirma que o partido da selección absoluta masculina contra Panamá se disputará en Balaídos. O encontro está previsto para o vindeiro 31 de maio. A Irmandiña xa xogara no estadio vigués en 2007 contra Camerún, partido que finalizara cun empate a 1 gol. [Imaxe: FGF]