O arquitecto Celestino García Braña, novo presidente da Real Academia Galega de Belas Artes. Traballará na creación dun ‘Banco de Coñecemento’ de consulta dixital aberta para reforzar a presenza na sociedade galega e dun ‘Observatorio Permanente do Patrimonio Artístico Galego’, ademais de impulsar a revista Abrente. O pleno da RAGBA elixiu como novos académicos numerarios ao historiador de cine José Luis Castro de Paz, ao ceramista e escultor Xavier Toubes, e ao arquitecto Fernando Agrasar, e como correspondentes aos compositores Cristina Pato e Octavio Vázquez, e ao historiador da arte Gerardo Pérez