A UDC aproba o primeiro grao público de Cinematografía en Galicia para 2028. O Consello de Goberno da universidade aprobou este venres a proposta para a creación dunha nova titulación, o Grao en Cinematografía, promovido pola Facultade de Ciencias da Comunicación en colaboración co Clúster Audiovisual Galego e con profesionais do sector. Será unha titulación presencial de 240 créditos e catro cursos de duración, "especializada na creación e produción cinematográfica de imaxe real cunha orientación artística, técnica e profesional".