O Concello da Coruña aplicará un recargo do 50% do IBI a grandes propietarios con pisos baleiros e bonificacións a pequenos donos que acheguen vivendas ao mercado de alugueiro. As medidas son parte dun plan fiscal para mobilizar vivenda sen uso e que son posibles tras a aplicación do decreto de vivenda validado o pasado 15 de novembro.