Desde este martes obras de Adif deixarán sen servizo a estación Vigo-Guixar e Renfe desviará en bus durante un ano ata Tui e Valença os viaxeiros a Ourense ou Porto. Os trens a Pontevedra ou Santiago sairán todos de Vigo-Urzaiz.
Desde este martes obras de Adif deixarán sen servizo a estación Vigo-Guixar e Renfe desviará en bus durante un ano ata Tui e Valença os viaxeiros a Ourense ou Porto. Os trens a Pontevedra ou Santiago sairán todos de Vigo-Urzaiz.
Falece aos 90 anos Manuel Caamaño Suárez, arquitecto, aparellador e profesor, referente na defensa da arquitectura popular galega , membro da Real Academia Galega, fundador do PSG ou de Adega e membro activo da Fundación Castelao ou da editorial Galaxia. Foto: CC-BY-SA De Santos Díez.
Principia na Audiencia Nacional o xuízo pola operación Kitchen, a presunta trama político-policial do Goberno do PP de Rajoy para roubar ao ex-tesoureiro do partido, Luis Bárcenas, documentación incriminatoria para a formación sobre financiamento ilegal, ademais doutras accións ilegais. O ex-ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, e o secretario de Estado de Seguridade daquel Executivo, Francisco Martínez, son os principais acusados. Na imaxe, Fernández Díaz visitando como ministro instalacións da Unidade de Policía adscrita á Xunta (2013) [CC BY-SA Xunta]
Falece Dora Carrera, unha das nais fundadoras e referente da asociación Érguete e da loita contra o narcotráfico. "Na maior das tristezas soñaches que se podía vencer os narcotraficantes, que se podían salvar os fillos e fillas afectados e vós gañastes. Levas ese orgullo a onde vaias. Levas a vitoria e nós quedamos co teu exemplo", despídea a entidade nunha emotiva mensaxe.
España, Portugal Italia, Alemaña e Austria piden á Comisión Europea un imposto aos beneficios das enerxéticas. Os ministros de Economía dos cinco Estados propoñen un gravame coordinado para minorar o impacto da guerra en Irán, segundo conta El País.
A derruba dun caza dos EUA por parte de Irán abre un novo capítulo do conflito en Oriente Medio. Washington confirma a perda dun F-15 sobre territorio iraniano e medita unha operación de rescate. Foto: CC_BY Avash Media.
Este 3 de abril, Venres Santo, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Deixámosvos toda a información destes días e o suplemento da fin de Semana (Santa) para lerdes. E o sábado estamos de volta. Se cadra, este tamén é bo momento para seres de Praza.gal, porque hai moitas cousas que só podemos contar contigo e, ademais, ata o 80% da túa achega anual vénche de volta na declaración da renda.
Unha folga protesta contra a "sobrecarga laboral" en grandes almacéns neste Xoves Santo festivo no que se permite a apertura deses establecementos. Convocada pola CIG, denuncia que non haxa compensacións por traballar en días coma este. [Imaxe: CIG]
Engala con éxito a misión Artemis II da NASA coa que catro astronautas rodearán a lúa por primeira vez en medio século. A misión durará 10 días e será a que máis afaste un ser humano da terra en toda a historia. [Foto: NASA/Bill Ingalls]
O Ministerio de Agricultura levanta o confinamento de galiñas agás en 40 concellos galegos. A cría en liberdade das aves de curral será posible en 273 municipios de Galicia pero continuará prohibida en 40 por seren zonas de especial risco ou vixilancia. Podes consultar aquí o mapa coas localidades onde as galiñas teñen que seguir pechadas.