A derruba dun caza dos EUA por parte de Irán abre un novo capítulo do conflito en Oriente Medio. Washington confirma a perda dun F-15 sobre territorio iraniano e medita unha operación de rescate. Foto: CC_BY Avash Media.
A derruba dun caza dos EUA por parte de Irán abre un novo capítulo do conflito en Oriente Medio. Washington confirma a perda dun F-15 sobre territorio iraniano e medita unha operación de rescate. Foto: CC_BY Avash Media.
Este 3 de abril, Venres Santo, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Deixámosvos toda a información destes días e o suplemento da fin de Semana (Santa) para lerdes. E o sábado estamos de volta. Se cadra, este tamén é bo momento para seres de Praza.gal, porque hai moitas cousas que só podemos contar contigo e, ademais, ata o 80% da túa achega anual vénche de volta na declaración da renda.
Unha folga protesta contra a "sobrecarga laboral" en grandes almacéns neste Xoves Santo festivo no que se permite a apertura deses establecementos. Convocada pola CIG, denuncia que non haxa compensacións por traballar en días coma este. [Imaxe: CIG]
Engala con éxito a misión Artemis II da NASA coa que catro astronautas rodearán a lúa por primeira vez en medio século. A misión durará 10 días e será a que máis afaste un ser humano da terra en toda a historia. [Foto: NASA/Bill Ingalls]
O Ministerio de Agricultura levanta o confinamento de galiñas agás en 40 concellos galegos. A cría en liberdade das aves de curral será posible en 273 municipios de Galicia pero continuará prohibida en 40 por seren zonas de especial risco ou vixilancia. Podes consultar aquí o mapa coas localidades onde as galiñas teñen que seguir pechadas.
Fillas de Cassandra publicará ‘Tertúlia’, o seu novo álbum, o 24 de abril. O dúo vigués desvelou este mércores nas súas redes sociais a portada do disco: doce cadeiras que transforman a música en materia- A Fundación Granell de Santiago acollerá os días 7 e 8 de abril a exposición ‘TERTÚLIA: doce cancións, doce cadeiras’, onde o público poderá preescoitar de xeito exclusivo o álbum a través dunha ducia de pezas escultóricas.
Hoxe é o Día das Artes Galegas, que este ano se dedica ao fotógrafo José Suárez. O alaricano, que tamén foi cineasta e estivo influenciado polas vangardas artísticas, deixou unha obra variada e vibrante, etnográfica e humanista, con creacións nun gran número de países -Arxentina, Uruguai, Xapón...- que o converteron no "fotógrafo galego máis internacional". Allariz acolle a partir das 19 horas o acto central, no que intervirá o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, e o académico Xurxo Lobato, encargado de realizar a laudatio.
O Consello de Ministros declara os hórreos patrimonio cultural inmaterial. O Goberno de España destaca que representan "un vínculo vivo entre pasado e presente" e que "contribúen á diversidade cultural e á cohesión social". O recoñecemento, di, "contribuirá á "preservación destas construcións". Galicia, con 100.000 hórreos e 3,38 por quilómetro cadrado, ten a maior densidade do mundo destas construcións.
O Festival de Cans presenta o cartel da edición deste ano, a cargo de Rei Zentolo, e anuncia que dedicará o foco internacional ao cineasta Paulo Carneiro. Caneiro, un dos cineastas portugueses actuais con maior proxección internacional, foi seleccionado en 2024 na Quincena de Cineastas do Festival de Cannes co seu filme A Savana e a Montanha. O festival, que se celebrará do 19 ao 23 de maio nesta aldea do Porriño, vén de abrir ademais a venda de entradas para as súas proxeccións.
A directora xeral dos medios públicos galegos, Concha Pombo, anuncia que a CSAG presentará recurso contra a sentenza que condena a corporación por represaliar unha traballadora que participa en Defende A Galega. A responsable da antiga CRTVG di que con esta acción busca obter unha "interpretación unificada" de ditames semellantes e rexeitou valorar "casos particulares" tras ser cuestionada ao respecto por Mercedes Queixas (BNG) e Carmen Rodríguez Dacosta (PSdeG).