Hoxe é o Día das Artes Galegas, que este ano se dedica ao fotógrafo José Suárez. O alaricano, que tamén foi cineasta e estivo influenciado polas vangardas artísticas, deixou unha obra variada e vibrante, etnográfica e humanista, con creacións nun gran número de países -Arxentina, Uruguai, Xapón...- que o converteron no "fotógrafo galego máis internacional". Allariz acolle a partir das 19 horas o acto central, no que intervirá o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, e o académico Xurxo Lobato, encargado de realizar a laudatio.