A inflación escalou en Galicia o pasado xuño ata o 11,1% interanual, case un punto máis que na media estatal, onde o incremento dos prezos foi do 10,2%.
Fálase
A cidade de Ourense acada os 43,1 graos de temperatura, segundo o rexistro de Meteogalicia ás 17:50 deste martes. Inicialmente medira 43,5, pero a propia Meteogalicia desbotou o dato porque as condicións de medición "non son idóneas". Así e todo, eses 43,1 si supoñen un récord, agrega. A maior parte de Galicia está hoxe baixo aviso laranxa ou amarelo pola vaga de calor e, en termos sanitarios, a Xunta ten activado o nivel máximo de alerta no conxunto do país.
Pedro Sánchez anuncia bonificacións do 100% nos abonos dos trens de media distancia de Renfe -tamén nos de proximidade, inexistentes en Galicia alén da antiga Feve- e outras medidas como impostos extraordinarios para grandes compañías enerxéticas e a banca e unha bolsa mensual de 100 euros adicionais ao mes para estudantes que xa sexan bolseiros. O máis destacado das medidas expostas polo presidente do Goberno de España no debate de política xeral do Congreso, nesta ligazón
O Congreso acolle dende este martes o debate de política xeral, o primeiro con Pedro Sánchez na presidencia do Goberno de España. A sesión comeza cun discurso de Sánchez dende as 12h deste martes e continúa, a partir das 16h, coas intervencións dos grupos parlamentarios. Máis información sobre o desenvolvemento do debate e a historia deste tipo de sesións, no sitio web do Congreso. Na imaxe, Sánchez durante un pleno no que compareceu o pasado xuño [© Pool Congreso]
O Parlamento aproba os nomeamentos para cubrir as dúas vacantes do PP no consello de administración da CRTVG cos votos a prol de PP e PSdeG. O BNG non os apoiou, ao advertir que non facilitaría estas remudas se os populares non acceden a cumprir íntegra a lei dos medios públicos, a comezar por substituír o director xeral conforme a esa norma. Na imaxe, os dous novos representantes do PPdeG neste órgano, Álvaro Alonso e Margarita López. O pleno tamén aprobou os nomeamentos de dous membros do Consello de Contas.
A Xunta estende a toda Galicia o nivel máximo de alerta pola vaga de calor "ata polo menos o venres desta semana". A causa, sinala Sanidade, é "unha masa de aire moi cálida de orixe norteafricana" pero cunha "intensidade e mesmo a duración desta chegada de aire cálido sexa superior a outros episodios". O Goberno galego reitera os consellos habituais ante estes episodios, como evitar na medida do posible as actividades ao aire libre nas horas de máis calor ou a importancia de beber auga e velar por que tamén o fagan nenas e nenos, persoas da terceira idade ou con patoloxías que poidan agravarse por esta situación. Na imaxe, mapa de temperaturas previstas por MeteoGalicia para o mércores, día 13 e nesta ligazón, a previsión meteorolóxica completa.
Un novo parto na Domus da Coruña 27 anos despois. O museo científico coruñés vén de actualizar o seu módulo dedicado ao nacemento, substituíndo a célebre gravación, "pioneira" en 1995, por dúas novas: un parto gravado polo persoal do Sergas no CHUAC e mais un fragmento do filme Quien a hierro mata, da coruñesa Vaca Films. "Ambos son partos reais e naturais", explica a directora técnica do museo, Patricia Barciela, quen agrega que as novas gravacións teñen maior calidade que a de 1995, realizada en VHS, e avanza a intención de incorporar novos vídeos doutros partos. Na imaxe, a presentación dos novos vídeos, celebrada este luns [© Concello da Coruña]
O Comité Intercentros da CRTVG pide ao PSdeG que tampouco apoie a renovación de dous postos designados polo PP no Consello de Administración da corporación e "non desaproveite unha ocasión única para que se cumpra a lei dos medios públicos". A representación do persoal transmitiu a petición ao voceiro socialista no Parlamento, Luis Álvarez, nunha xuntanza este luns. Os socialistas prevén manter o voto afirmativo no marco do "acordo institucional" co PP para renovar estes dous postos e outros dous no Consello de Contas, mentres que o BNG se desmarcou aludindo á sentenza, agora firme, que condena a CRTVG por represalias a un traballador.
Morre aos 63 anos José Guirao, ministro de Cultura entre 2018 e 2020. O que tamén fora director do Museo Reina Sofía padecía cancro. [Imaxe: © Pool Moncloa/JM Cuadrado]
A cidade de Ourense volveu marcar a temperatura máxima de Galicia este domingo, con 41 graos, por riba dos 39,8 de Leiro e os 39,5 de Vilamartín de Valdeorras e Arnoia, nunha xornada algo máis fresca na costa, pero de novo con valores elevados, que este luns serán algo menores na metade oeste do país.