"Ao bordo do colapso" económico máis da metade de prazas de discapacidade intelectual da Xunta
As entidades agrupadas en FADEMGA, que xestionan 2.813 das 5.188 prazas de discapacidade intelectual da Consellería de Política Social, inician mobilizacións para esixir que o Goberno galego cubra os custos dos servizos. Alzas salariais e inflación provocaron "sobrecustos" no concerto social que "a Administración non asumiu" malia "ser advertida", denuncian. "Se non quere cumprir, que xestione directamente as prazas", agregan
Un país coa súa lingua: accións urxentes e políticas estruturais "para reverter a situación do galego"
O foro participativo impulsado polo Consello da Cultura galega para procurar revitalizar o uso do galego condensa o seu traballo nun informe cun cento de propostas . Cláusulas lingüísticas nos contratos públicos, alternar a lingua vehicular nalgunhas materias escolares ou máis contidos en lingua galega en internet, entre as medidas inmediatas propostas
Cidades e vilas berran na rúa para "non deixar de falar de Palestina ata que sexa libre"
A xornada de paros laborais e mobilizacións sindicais contra o xenocidio e en solidariedade co pobo palestino culmina con medio cento de manifestacións impulsadas pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina
A Deputación de Lugo acusa a Xunta de crear grupos veciñais "ao servizo do PP" con fondos públicos
Tras perder a apertada pugna electoral polo Concello e a Deputación en 2023, o PP multiplicou os movementos para tentar logralos en 2027. Un dos múltiplos terreos desta batalla é a do asociacionismo veciñal, co nacemento de colectivos afíns aos populares fronte á Federación Lucus Augusti, máis afín aos socialistas
- Datos Dereito á vivenda
- Acontece
Desafiuzamentos estables, ocupación residual
Os desafiuzamentos sitúanse nuns 300 trimestrais, en torno á metade que hai unha década, e multiplican por 20 os novos casos de ocupación entre marzo e xuño de 2025
Os gobernos progresistas priman na Galicia máis poboada malia á vaga de censuras do PP
Na vintena de concellos que aglutinan a maioría da poboación galega máis dun millón de persoas teñen alcaldía do PSdeG ou do BNG, fronte a 174.000 do PP e 182.000 doutras forzas
- Entrevista | Luís Pérez Barral
- Política
"A Xunta é artífice fundamental da moción de censura en Ribeira"
Luís Pérez Barral deixará de ser alcalde de Ribeira este 13 de outubro por mor da moción de censura impulsada polo PP canda tres edís do Partido Barbanza Independiente, formación que en 2023 se uniu ao BNG e ao PSdeG para impulsar un histórico cambio político na principal vila do Barbanza. Nos seus últimos días co bastón de mando amósase satisfeito do traballo feito e asegura que non existe motivo "obxectivo" ningún para a ruptura dun goberno que remata, lamenta, a causa de "intereses particulares" alimentados polo PP dende o Goberno galego. Amósase convencido, asemade, de que o Bloque pode regresar á alcaldía tras as eleccións de 2027.
O BNG rexeita a censura en Ribeira cun concorrido acto que o PP descualifica como "choromicada"
"A dignidade deste concello non se negocia", proclama Pérez Barral pouco antes de perder unha alcaldía á que a líder do Bloque augura que volverá en 2027. Pontón ve na moción a "constatación de que o BNG estaba a facer un excelente traballo" que a "dereita caciquil" quere frear. "A choromicada coa moción de censura de Ribeira deixa ben claro que non saben onde están", retrucan os conservadores
O BNG forza que o PP vote o traspaso dos aeroportos á Xunta que prometeu en 2009
Tras iniciar a Xunta as conversas para asumir os aeródromos fóra da rede de interese xeral, Pontón defende como "estratéxica" a transferencia das terminais aeroportuarias da Coruña, Santiago e Vigo: "O futuro non pode ser estar permanentemente na queixa de que mal o fan dende Madrid. O programa co que Feijóo chegou ao Goberno galego defendía reclamar esta competencia para a "xestión máis eficaz" e "fomentar a implantación de novos servizos aéreos"
Recorte na taxa turística aos cruceiros: os portos da Coruña e Vigo preparan o terreo
Os presidentes das autoridades portuarias coruñesa e viguesa, elixidos pola Xunta, piden á vez que o Goberno galego aproveite os Orzamentos de 2026 para cambiar a lei e só teñan que pagar o tributo turístico de 1,5 euros por pasaxeiro os cruceiros que fagan noite nas cidades. Ambos portos esgrimen que a taxa turística vai en sentido contrario da súa "política tarifaria", coa que descontan o 40% das taxas portuarias ás navieiras para "incentivar a chegada de cruceiros", turismo que está a bater récords no noso país
"Hai que traballar e deixarse de mercadear cos votos dos veciños para vendelos a medio mandato"
"A Xunta carga os concellos de competencias que non lles corresponden e despois dá caramelos a quen queren arrimar ao PP", advirte a vicesecretaria xeral do PSdeG en Lugo. A tamén alcaldesa de Antas e voceira socialista do goberno da Deputación lucense atribúe movementos coma o pacto do PP co alcalde de Sarria ou a anterior moción de censura en Viveiro a que Elena Candia, líder provincial dos populares, se "sente presionada porque onde vai non acaba de consolidar": "Pode facer facer as compras na feira na que está metida, pero se cadra compras que parecen boas non lle dan resultado", ironiza
- Crónica
- Política
O PP procura polos despachos municipais a hexemonía provincial do século pasado
Hai que remontarse a 1999 para atopar un panorama coas catro deputacións galegas gobernadas polo PP. Os movementos do partido que sustenta o Goberno galego en varios concellos van na dirección de tentar reeditar aquel control total en 2027, con Ribeira e Sarria como mostras máis recentes