A segunda sentenza penal contra o baltarismo tamén chega co condenado fóra da Deputación
A condena por delito contra a seguridade viaria aos mandos dun coche oficial da Deputación chega en vésperas do décimo aniversario da ratificación da que afrontou Baltar pai polos 104 enchufes na institución provincial. O caso do exceso de velocidade actuou como detonante para que a dirección o PP remudase a Baltar fillo tras as municipais mesmo antes de chegar a xuízo. Agora, coa condena, Rueda desbota pedirlle que dimita do escano do Senado que lle entregou