O antigo psiquiátrico de Castro de Rei vira en centro de acollida para persoas refuxiadas
O hospital de San Rafael funcionou dende mediados dos anos 50 do século pasado e ata 2012, cando o servizo foi transferido ao Sergas e o edificio, pechado. Tras o acordo de cesión por 75 anos pechado coa Deputación de Lugo, o Ministerio de Inclusión prevé iniciar en 2024 as obras do Centro de Acollida de Protección Internacional, con capacidade para atender 250 persoas