Ence gábase de "culminar a parada técnica anual con cero accidentes con baixa"
A empresa asegura que “tampouco se produciu ningún contaxio por coronavirus no interior das instalacións”
A empresa asegura que “tampouco se produciu ningún contaxio por coronavirus no interior das instalacións”
O Consello Consultivo considerou “viable” a proposta da Xunta de que a factoría se inclúa en terreos portuarios amparado nun informe da Autoridade Portuaria que a considera un “uso portuario” polo seu efecto sobre as súas propias contas
O presidente amósase molesto co Goberno central tras lembrar este á Xunta que está a tramitar a reforma dunha instalación declarada ilegal pola Audiencia Nacional, e pide esperar ao recurso pendente no Tribunal Supremo
O Concello presentou esta iniciativa pioneira de mobilidade sustentable, que comezará as súas probas o 31 de xaneiro en catro parroquias. As viaxes, que se contratarán a través dunha aplicación, partirán de calquera lugar e dirixiranse a puntos concretos do centro urbano, hospitais ou o campus universitario.
O municipio lindeiro coa factoría de Lourizán emite un informe no que cuestiona o impacto visual do complexo, sobre a biodiversidade ou o tráfico
Empresa e Goberno galego reiniciaron hai dous meses a tramitación da ampliación de instalacións e medidas ambientais prometidas tras a prórroga de Rajoy de 2016, pero Costas alega que se basean nunha decisión “que a día de hoxe se atopa xudicialmente anulada”
Á espera de se o Supremo mantén ou non a anulación da prórroga concedida por Rajoy, a ministra Teresa Ribera subliña que o traslado da pasteira sería "máis doado" se é instalada nunha das dúas contornas beneficiarias polos fondos de "transición xusta" para compensar o peche das centrais térmicas. Feijóo reitera o seu plan para esquivar as sentenzas adscribindo a fábrica ao porto de Marín, que Ence nin menciona na información aos accionistas sobre os seus proxectos para afrontar o posible pechce en Lourizán
A campaña do Concello de Pontevedra Espírito Montuno busca pór en valor os parques forestais e que a xente da cidade e das parroquias se achegue para gozar do seu tempo de lecer no "gran anel verde" que rodea a cidade. Unha boa maneira, ademais, de colaborar na prevención dos incendios
A falta de monxas con vocación de clausura fixo que o convento de Santa Clara de Pontevedra ficase catro anos baleiro. Un acordo entre o Concello e a orde relixiosa pechou a etapa relixiosa do conxunto de edificios e xardíns para abrir unha nova como espazo público. Os días 18 e 19 de decembro celébranse as primeiras xornadas de portas abertas
O Concello de Pontevedra faise co convento de clausura despois de 750 anos e xa o prepara para que toda a cidadanía se achegue a coñecer un patrimonio que xa é público. "Comeza unha nova etapa", avanzou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores
O TSXG considera que as obras paralizadas en 2018 polo Concello de Pontevedra na factoría e Ence "están dentro do ámbito do Plan de Incidencia Supramunicipal concedido pola Xunta á pasteira en 2003 e por iso non precisan licenza. O goberno local anuncia que recorrerá ao Supremo
Xornalistas como Antonio Maestre e Rebeca Quintáns, a profesora Beatriz Busto, a historiadora Araceli Freira ou descendentes de vítimas do franquismo serán protagonistas dunhas xornadas que rematarán en espazos utilizados pola ditadura para a represión de presos políticos