Vítimas de Angrois acusan a Adif de “adoutrinar” os comparecentes no Congreso para silenciar as causas do sinistro
A plataforma de afectados compara a decisión da empresa pública de gastar 14.900 euros en “asesorar” aos citados pola comisión de investigación coa actuación da Generalitat de Valencia co accidente do Metro. O BNG di que a actuación de Adif "constata que a comisión era un paripé de PP e PSOE".