A Fiscalía retira a acusación contra o cargo de Adif e mantén a petición de catro anos de cadea para o maquinista de Angrois
O fiscal Mario Piñeiro di que o director de Seguridade "actuou de acordo cos procedementos", que ao seu ver non obrigaban a que a curva fose máis segura, mentres que a plataforma de vítimas mantén a súa petición de catro anos de cadea para os dous acusados