En plena campaña do PP contra un posible goberno de coalición as consellerías de Emprego e Educación asinan un acordo entre elas para "coordinar" as súas actuacións en materia de formación a persoas desempregadas.
Fálase
Este xoves remata o prazo para depositar o voto por correo nas oficinas postais. As peticións de voto por correo foron case un 20% menos que nas eleccións da pandemia de 2020, pero un 35% máis que nas eleccións galegas de 2016.
Alcoa retoma a produción de aluminio primario en Galicia logo de dous anos de parálise, segundo informa o comité de empresa. Das cubas de electrólise saíron na tarde do mércores as primeiras catro toneladas de aluminio líquido, malia as intencións da empresa de adiar o reinicio da actividade e ameazar co peche da factoría da Mariña.
18F | O debate electoral de RTVE entre Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro, ao que Rueda decidiu non ir, foi líder de audiencia en Galicia cun 17,4% de cota de pantalla, destaca o director de contidos da canle pública estatal. O dato, salienta, fica só "seis décimas" por baixo do debate da CRTVG emitido o primeiro luns da campaña. A emisión logrou 372.000 espectadores únicos. [Imaxe: © RTVE]
Ayuso pide para Galicia "o glorioso cambio da Arxentina con Milei" e acusa a Sánchez de "utilizar a Moncloa" para favorecer o BNG. A presidenta da Comunidad de Madrid gaba o presidente arxentino pedindo concentrar o voto no PP o 18F, durante unha entrevista en Radio Mitre.
Rueda promete agora buses "sen paradas intermedias" entre as sete cidades tras reorganizar todas as liñas hai só tres anos e sen que a proposta apareza no seu programa electoral. Neste espazo vimos contando desde hai anos o proceso de reorganización do transporte por estrada en Galicia e as sucesivas condenas xudiciais emitidas sobre o mesmo.
EH-Bildu logra sacar adiante unha moción na Comisión de Pesca no Senado grazas aos votos do PP. A iniciativa, defendida pola senadora de Bildu Idurre Bideguren -integrada no grupo parlamentario Izquierdas por la Independencia, que xunta a formación vasca con ERC-, insta o Goberno de España a "impulsar medidas contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada". Os populares, imprescindibles para que fose aprobada -teñen maioría absoluta na Cámara Alta-, tentaron negociar unha emenda de adición ao texto que EH-Bildu non aceptou por non suscitar consenso co resto de grupos, pero así e todo votaron a prol porque "cremos que é oportuno traballar nesta liña", explicaron. Na imaxe [© Senado], un intre da comisión.
Falece o exalcalde de Vigo Ventura Pérez Mariño. O socialista ocupou a alcaldía de Vigo en 2003 en coalición co BNG durante seis meses, que tras unha moción de confianza deron lugar ao mandato da popular Corina Porro. Mariño, que dedicou a meirande parte da súa vida profesional á xudicatura, padecía a enfermidade de Parkinson. [Na imaxe CC-BY-SA Concello de Vigo, na súa etapa na alcaldía]
18F RTVE ofrece esta noite (22h) o seu debate das eleccións galegas coa participación de Ana Pontón (BNG) e José Ramón Gómez Besteiro (PSdeG) e a ausencia de Alfonso Rueda (PP), que se negou a asistir e mais a enviar outro membro do PP que o substituíse. Exactamente á mesma hora, a TVG emite a súa entrevista electoral con Pontón malia á petición do Bloque de mudaren a data para evitar a coincidencia. Este martes a TVG ofreceu a entrevista con Besteiro.
Falece o crego Xesús Mato, fundador de Fuxan os Ventos. O padre Mato, moi implicado durante décadas na difusión da cultura galega e no traballo a prol das persoas con discapacidade, tiña 91 anos e en 2018 fora distinguido coa Medalla Castelao (na imaxe).