O arquitecto pontevedrés César Portela ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes como académico de honra. No seu discurso de ingreso, pronunciado este sábado nun acto celebrado no Pazo de Baión [rehabilitado por el], o Premio Nacional de Arquitectura no ano 2000 salientou que “a arquitectura é arte e técnica a un tempo, pero arte e técnica ao servizo da sociedade. A función social é, xustamente, o que converte a arquitectura en algo de necesaria utilidade, imprescindible, nunca gratuíto”.
