O Senado aproba definitivamente por unanimidade a reforma do voto exterior, que entre outros aspecto suprime o sufraxio rogado para participar nas eleccións dende o estranxeiro. Con esta votación recibe o seu visto e prace definitivo a lei, que entre outros aspectos establece un novo modelo de votación en urna e por correo ou que o censo exterior se revise cada cinco anos para suprimir inscricións de persoas falecidas e corrixir posibles erros. Xa estará en vigor, daquela, para as vindeiras eleccións xerais e galegas (nas municipais non participan as persoas inscritas no Censo de Residentes Ausentes)
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/fdmfzboxeaa8jfa-f08853b.jpeg)