Dirixentes do PSOE instan a Feijóo a facer públicos os seus ingresos como líder do PP tras negarse o partido a revelar se lle paga un soldo adicional ao que ten como senador por designación do Parlamento de Galicia e mais a aclarar se lle abona os gastos de vivenda en Madrid, a preguntas de infoLibre. Os conservadores remítense a cando o ex-presidente teña que actualizar a súa declaración de bens ante o Senado.
