Pontón reclama a aprobación dunha lei do viño que avale medidas como "contratos homologados con prezos mínimos para a uva" que dean "estabilidade ao sector" e un sistema de financiamento a través do Igape que permita "o pago ao contado" da materia prima. A portavoz nacional do BNG lanzou esta e outras propostas durante unha visita á vendima na adega do Pazo Baión, da cooperativa Condes de Albarei, integrada por unhas 400 familias do Salnés.
- MANS DA GALICIA QUE VÉN | "Se as administracións non se poñen xa mans á obra, o rural acabará sendo un parque temático"
- HEMEROTECA | Dos puntos Parker ás recomendacións dos medios internacionais: O viño galego ponse de moda
- HEMEROTECA | Dunha ducia a máis de 200 viños etiquetados en galego nunha década
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/visita-pazo-baion-bng-8-5dfa699.jpeg)