Xosé Manuel Beiras recibe o premio Luis Porteiro Garea da Universidade de Santiago, que recoñece o seu labor a prol da lingua galega como profesor e catedrático da propia USC. Se o galego é tratado como terceiro idioma por tras do castelán e o inglés, advertiu no seu discurso, "así non se constrúen sociedades democráticas, nin se consegue que os cidadáns non sexan súbditos". O encargado de trazar o perfil e loa do premiado foi o profesor Xavier Vence, quen como Beiras tamén fora portavoz nacional do BNG; posteriormente, o histórico nacionalista encabezou o Encontro Irmandiño e mais Anova e foi deputado no Parlamento por AGE. [Imaxe: © Santi Alvite / USC]
