A asemblea local do BNG de Pontevedra ratifica que Miguel Anxo Fernández Lores volverá ser o candidato nacionalista na cidade e optará á revalidación da alcaldía –na que leva desde 1999– nas eleccións de 2023. En Lugo, o actual tenente da Alcaldía e voceiro municipal do BNG, Rubén Arroxo, rexistrou a súa candidatura para volver ser cabeza de lista de cara ás vindeiras municipais, "unhas eleccións nas que o BNG vai optar a todo".
