Pedro Sánchez anuncia que presentará a súa candidatura para presidir a Internacional Socialista e faino desde Nova York, onde está a participar na asemblea xeral da ONU e noutros encontros. "Somos os socialdemócratas quen apostamos sempre por avanzar, por conquistar novos dereitos e liberdades e o seguiremos facendo", asegurou o presidente do Goberno de España e líder do PSOE. [Imaxe: Sánchez nun acto nos Estados Unidos © Pool Moncloa/Borja Puig de la Bellacasa]
