Martiño Noriega, novo portavoz nacional de Anova. A formación nacionalista “reactívase” coa escolla por parte da Coordinadora Nacional dunha Comisión Permanente. Na nova directiva, Noriega estará acompañado por Oriana Méndez, concelleira da Marea de Vigo, que asumirá as relacións políticas. Tamén estarán Xosé Manuel Beiras, Antonio Negreira (municipalismo), Miguel Anxo Fernán-Vello (comunicación), Iria Otero (finanzas), Iván Rodríguez (servizos públicos e movementos sociais) e Antía Comesaña (organización).
"O arroupe ás candidaturas municipais onde Anova está a participar en solitario ou xunto a outras sensibilidades políticas da esquerda do país e o acompañamento aos movementos sociais en defensa do territorio e dos servizos públicos, conformarán as prioridades de actuación nos vindeiros meses", sinalan desde o partido.
