A Oficina Técnica da Seca da Xunta declara a alerta por escaseza de auga nos encoros de Zamáns e Baíña, que abastecen aos concellos de Nigrán, Baiona e a unha parte do concello de Vigo. Ademais, amplíase a prealerta pola pouca presenza de auga ao sistema de explotación do río Verdugo, ás rías de Vigo e Baiona; e ao sistema da costa de Pontevedra. Na xuntanza deste venres [na imaxe], presidida pola directora de Augas de Galicia, "constatouse que os caudais circulantes continúan en valores inferiores habituais para esta época do ano, un 30% por debaixo da media dos últimos dez anos".
