Milleiros de persoas secundan as mobilizacións feministas do 8M nunha trintena de vilas e cidades galegas. Na imaxe, a manifestación da Coruña.
Fálase
O PSdeG de Samos expulsa o alcalde do seu grupo, Julio Gallego, tras evidenciar que nas vindeiras eleccións apoiará o seu fillo como candidato do PP na vila. É "de extrema gravidade", consideran o resto e edís, que manifestan o seu apoio ao seu candidato para o 28M, Antonio García Jurjo, cun "proxecto que ten como única prioridade o interese e o progreso" da veciñanza. "Temos que pechar este esperpento e apostar por unha candidatura gañadora, que coloque a política municipal de Samos lonxe do Falcon Crest familiar que está montando o PP”, manifestan nun comunicado. Nas eleccións de 2019, o PSdeG logrou a alcaldía de Samos por maioría absoluta, con 5 edís fronte a 2 do PP, 1 do BNG e 1 de CxG.
A sentenza do Supremo que avala a prórroga de Ence contra o criterio da Audiencia Nacional sitúa como clave da decisión un informe ambiental favorable outorgado pola Xunta. O ditame, que vén de facer público o Tribunal, inclúe un voto particular da maxistrada Ángeles Huet, favorable a anular a prórroga.
- AMPLIAMOS 👉 Ence pode seguir na ría grazas á “confusa” reforma de Rajoy da Lei de Costas en 2013 e a un informe favorable da Xunta
- A ría de Pontevedra, ata 115 anos xunguida a Ence coa blindaxe do PP que agora avala o Supremo
- HEMEROTECA (2012) | O Estado abre a porta á permanencia de Ence na ría de Pontevedra
A Xunta gábase de cumprir con 24 anos de demora unha directiva europea que obrigaba a mellorar o saneamento da ría de Pontevedra en 1999. A Comisión Europea abriu en 2003 un procedemento sancionador no que en 2016 o Tribunal de Xustiza da UE constatou o incumprimento dunha directiva de 1991 que obrigaba a dotar de colectores antes do 1 de xaneiro de 1999 a asentamentos de máis de 10.000 habitantes que vertesen en zonas sensibles, como ocorría coa aglomeración Pontevedra-Marín-Poio Bueu. A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, salientou este martes no Parlamento o peche do procedemento, o pasado 26 de xaneiro, o que segundo di supuxo evitar unha multa de 30 millóns de euros.
O Congreso aproba a toma en consideración da reforma da parte penal da lei de liberdade sexual promovida polo PSOE nunha tensa xornada no seo do Goberno de coalición dos socialistas con Unidas Podemos. Este inicio da tramitación saíu adiante con 231 votos a prol (PSOE, PP, C's, PNV, PdeCAT, Foro, PRC, CC, NC).
O arquitecto británico David Chipperfield gaña o prestixioso premio Pritzker de arquitectura. O veciño de Corrubedo impulsou en Galicia a Fundación RIA, centrada nos desafíos da zona da ría de Arousa e a través da que está a colaborar en diferentes proxectos coa Xunta e mais co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), con proxectos como Cara unha axenda territorial de Galicia. No sitio web dos galardóns pódese consultar unha selección dos seus traballos desde que rematou os seus estudos na Architectural Association School of Architecture de Londres no ano 1980.
Pablo Crespo, antigo secretario de organización do PP de Galicia, accede ao terceiro grao penitenciario tras cumprir 9 anos de cadea polo caso Gürtel. Crespo aínda está sendo xulgado por outras presuntas irregularidades ligadas á trama corrupta.
Leilía confirman que emprenden a súa derradeira xira. Como avanzaron o pasado sábado durante o seu concerto na Festa do Queixo de Arzúa, o espectáculo Vidas cantadas porá "fin á andaina" de 34 anos nos que "mudaron o panorama da música tradicional galega.
Falece aos 87 anos o escritor e académico Salvador García-Bodaño. Alén da súa ampla obra literaria, García-Bodaño desenvolveu na súa vida un fondo compromiso político e social xa dende os tempos da ditadura, dende o activismo cultural en organizacións como a Asociación Cultural O Galo, o Consello da Mocedade ou o Partido Socialista Galego. A Real Academia Galega percorre a súa biografía na nota emitida polo seu pasamento. [Imaxe: © RAG]
O Goberno do PP de Rajoy activou a operación político-policial irregular contra o independentismo catalán ao día seguinte da multitudinaria Diada de 2012, segundo informa este martes La Vanguardia. Ata agora, como detalla o xornal, a Xustiza non investigara a 'guerra sucia' contra o independentismo comandada dende o Ministerio do Interior que dirixía Jorge Fernández Díaz, coa colaboración de elementos como o policía corrupto José Manuel Villarejo. Na imaxe [CC BY-NC ANC], manifestación pola Diada de 2012 en Barcelona.
- HEMEROTECA (2012) | Unha manifestación que marca un antes e un despois en Catalunya
- HEMEROTECA (2012) | Feijóo sentencia: "Todas as autonomías son España dende hai 500 anos"
- HEMEROTECA (2022) | "Repudio" no Colexio de Xornalistas ante as novas probas de ligazóns entre medios e 'cloacas do Estado'