Xa está dispoñible para a súa libre consulta en internet a versión dixital do libro que recompila os 50 anos de historia de Fuxan os Ventos. Trátase dunha publicación impulsada polo Consello da Cultura galega canda ao grupo e constitúe tamén o catálogo da exposición sobre a traxectoria da formación que acolleu dende o pasado outono O Vello Cárcere de Lugo. A publicación, na que tamén colaboran a Xunta e a Deputación de Lugo, inclúe abondoso material gráfico xunto a textos de Uxía Senlle, Xoán Manuel Estévez, Sabela Fraga e dos propios membros de Fuxan os Ventos.
