Un novo parto na Domus da Coruña 27 anos despois. O museo científico coruñés vén de actualizar o seu módulo dedicado ao nacemento, substituíndo a célebre gravación, "pioneira" en 1995, por dúas novas: un parto gravado polo persoal do Sergas no CHUAC e mais un fragmento do filme Quien a hierro mata, da coruñesa Vaca Films. "Ambos son partos reais e naturais", explica a directora técnica do museo, Patricia Barciela, quen agrega que as novas gravacións teñen maior calidade que a de 1995, realizada en VHS, e avanza a intención de incorporar novos vídeos doutros partos. Na imaxe, a presentación dos novos vídeos, celebrada este luns [© Concello da Coruña]