Veterinarios maniféstanse ante a delegación e subdelegacións do Goberno de España en Galicia contra a norma que regula a prescrición de antibióticos e insisten en que limita o seu criterio e "pon en risco" a saúde dos animais. Foto: CV A Marosa.

Veterinarios maniféstanse ante a delegación e subdelegacións do Goberno de España en Galicia contra a norma que regula a prescrición de antibióticos e insisten en que limita o seu criterio e "pon en risco" a saúde dos animais. Foto: CV A Marosa.
O presidente de Portugal, Rebelo de Sousa, promulga un decreto-lei que reforza a conservación do lobo ibérico no país veciño tras as novas medidas aprobadas polo Goberno luso o pasado 10 de marzo. A nova lexislación chega poucos días despois de que o Congreso aprobase en España a retirada do lobo da listaxe de especies en "réxime de protección especial". Foto. CC-BY rjime31.
O BAXI Ferrol xoga esta noite o partido de ida da final da Eurocup ante o ESBVA francés. O encontro, que será seguido por 3.750 persoas nun ateigado pavillón da Malata, poderá verse en directo a partir das 20 horas pola TVG2. O partido de volta xogarase o 2 de abril en Villeneuve‑d'Ascq. Dende a pasada noite e ata ese 2 de abril os guindastres do estaleiro de Navantia, a fachada do Concello e do Teatro Jofre iluminaranse todas as noites coas cores do equipo, que busca seguir facendo historia.
A Coruña inaugura unha mostra dedicada a Esther Casares Quiroga, filla de Santiago Casares Quiroga. 'Anacos de vida tronzada 1909-1969' percorre a vida dunha muller presa polo franquismo, represaliada, sometida a vixilancia policial e retida na Coruña ata cinco anos despois da morte de seu pai.
O Consello de Ministros aproba 7,6 millóns para financiar os descontos na AP-53 pactados entre PSOE e BNG. O ministerio de transportes confirma que empezará a aplicar "ao longo do mes de abril" as bonificacións na vía de peaxe entre Santiago e Dozón (no tramo de Dozón a Ourense rexe o sistema de peaxe na sombra). Os descontos na AP-53 serán semellantes aos da AP-9, onde rexe unha bonificación xeral do 50% para viaxes de ida e volta en 24 horas -con telepeaxe-. Os vehículos que realicen un mínimo de 20 viaxes terán unha "bonificación adicional do 50% do importe pagado en todos os percorridos realizados nese mes". Actualmente, a tarifa xeral da AP-53 para vehículos lixeiros é de 7 euros por traxecto. [Imaxe: © Ministerio de Transportes]
Besteiro reclama a Rueda que destitúa a Diego Calvo polas "manobras escuras" na "exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030". Tras transcender a exclusión de Balaídos a última hora para acoller partidos da cita mundialista, o secretario xeral do PSdeG coida que o conselleiro con competencias en materia deportiva debe abandonar o cargo "polas afirmacións nunha carta" ao Concello vigués "onde dicía que sentía que as posibles carencias" da proposta "xunto coa ausencia de influencia do goberno local" non permitise que a candidatura viguesa "pasase o corte". A xuízo do socialista, o que realmente aconteceu foi unha "manipulación" e unha "manobra política contra Vigo" e por iso o presidente da Xunta, agrega, debería reclamar tamén que "aflore" toda a documentación manexada ao respecto.
A mina de litio de Doade, na lista de 47 proxectos no plan da Comisión Europea para extraer minerais "críticos". Esta mina atinxe ao territorio de cinco concellos do centro de Galicia (Beariz, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Forcarei e Avión) e está explotada por unha filial do grupo aragonés Samca. [Imaxe: Comisión Europea]
A Xunta mobilízase contra a oficialidade internacional da selección vasca de pelota vasca canda aos demais gobernos autonómicos do PP. Nunha carta redactada polo conselleiro de Deportes da Comunidad de Madrid e asinada polos seus homólogos populares no resto do Estado, entre eles o galego Diego Calvo -como adianta El Español-, os gobernos da formación conservadora reclaman unha xuntanza urxente coa ministra Pilar Alegría, con competencias na materia, esixindo entre outros aspectos que o combinado de Euskadi non poida eventualmente enfrontarse ao de España. Na imaxe, a selección vasca de Pelota [© Federación Vasca de Pelota] e o conselleiro Calvo, nunha imaxe recente tras presidir o Consello da Xunta [CC BY-SA Xunta]
Berros e pancartas de "Altri Non" protagonizaron este domingo o partido do Deportivo en Riazor. Boa parte do estadio uniuse ás proclamas contra a planta prevista en Palas de Rei. Foto: BNG A Coruña.
Adrián Ben remata sexto na final dos 1.500 metros do Mundial en pista cuberta de Nakín. O mariñao protagonizou un gran final de carreira tras remontar desde o último posto nas últimas voltas. Foto: RFEA.