Feijóo insta a "volver saír á rúa" pola "liberdade de prensa". Faino en declaracións a EsRadio nas que anuncia mobilizacións do PP contra o Goberno de España. As declaracións do ex-presidente e actual líder do PP chegan ás portas do sexto aniversario do movemento Defende a Galega, que esixe o cumprimento íntegro da lei dos medios de comunicación públicos e a fin da "manipulación" na CRTVG. [Na imaxe, Feijóo entrevistado na TVG na súa etapa como presidente]
