"Vigo somos todos e todas, e por iso estamos aquí, para que se nos escoite na rúa xa que na alcaldía fan oídos xordos". Asociacións veciñais e colectivos ecoloxistas concentráronse este domingo na Porta do Sol de Vigo [na foto © Greenpeace Galicia] baixo o lema #VigoSomosTodxs reclamando "un modelo de cidade máis habitable e sustentable" que teña en conta á veciñanza "e non reduza á marxinalidade ás multiples asociacións e
colectivos" porque "non se pode construír un Vigo de costas aos veciños e veciñas".
