A praza de María Pita da Coruña conmemora o Día mundial contra o cancro cun gran lazo humano conformado en apoio ás persoas que padecen a enfermidade. Unha iniciativa promovida pola Asociación española contra o cancro (AECC) e na que participaron a alcaldesa da cidade, Inés Rey; o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor; e o presidente da AECC Coruña, Manuel Aguilar; así como diversos membros da corporación municipal e centenares de coruñesas e coruñeses.
