O Congreso aproba a lei de vivenda por maioría absoluta malia o 'non' de PP, Vox, Cs, PNV e Junts. Foron 176 votos a favor fronte a 167 en contra.
Fálase
O Consello da Xunta aproba a declaración da Casa Cornide da Coruña como Ben de Interese Cultural (BIC). Con esta medida, a familia Franco terá "a obriga de permitir a súa visita pública e gratuíta polo menos catro días ao mes", segundo aclara o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que destaca que a decisión supón o recoñecemento do "gran valor histórico e cultural" do inmoble e o establecemento de "obrigas de protección" sobre el.
EPA | A poboación ocupada mantívose practicamente plana (-800) en Galicia durante o primeiro trimestre do ano e queda en 1,11 millóns de persoas, o que supón un 1,13% máis que no mesmo período de 2022, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa que vén de ser publicada. No mesmo trimestre, a poboación en desemprego situouse en 135.100 persoas, 3.700 máis que no trimestre previo e 5.900 menos que un ano antes.
Desconvocada a folga do sector do transporte de viaxeiros por estrada prevista para mañá e o venres. Os sindicatos manteñen a convocatoria de paro indefinido a partir do 8 de maio se a patronal non actualiza os convenios provinciais.
O Senado aproba definitivamente a reforma da lei de liberdade sexual formulada polo PSOE. Recibiu os votos favorables do PP, PNV, C's, UPN e unha senadora independente, ademais dos socialistas. JxCat abstívose e ERC, EH-Bildu, Más Madrid e Mes per Mallorca votaron en contra.
A Garda Civil intercepta a José Manuel Baltar a 215 quilómetros por hora na autovía A-52 conducindo un coche da Deputación de Ourense, segundo revela elDiario.es. O presidente da institución provincial ourensá e do PP nesa provincia dirixíase a Madrid o pasado domingo e foi sancionado por exceso de velocidade á altura de Asturianos (Zamora). Segundo a mesma información, os axentes multaron no acto o barón popular e a continuación iniciaron a instrución dun atestado por posible delito contra a seguridade no tráfico.
Pedro Sánchez anuncia a construción de "20.000 novas vivendas públicas en terreos do Ministerio de Defensa" e eleva a 183.000 o total das anunciadas para "alugueiro a prezo accesible". O presidente do Goberno de España anunciouno durante a súa comparecencia desta tarde no Senado, onde expón medidas do seu Executivo ligadas a paliar as consecuencias económicas da guerra en Ucraína. Imaxe tirada do sinal institucional do pleno do Senado.
Uns 48.000 gandeiros e agricultores galegos terán unha rebaixa do 25% no IRPF pola seca e o impacto económico da guerra de Ucraína. O Ministerio de Facenda publicou este martes a orde que establece esta redución que inclúe baixadas específicas para sectores máis vulnerables, como o apícola.
Persoal da CRTVG concéntrase xa ante o Senado en Madrid nunha nova xornada de folga nos medios públicos. Os profesionais mobilizados aproveitan a presenza de Feijóo para sinalalo como "responsable da grave situación de manipulación informativa e represalias ás traballadoras en que deixou os medios públicos galegos". Máis información, esta tarde en Praza.gal.
Prime Video anuncia unha película baseada en Apocalipse Z, a saga de Manel Loureiro ambientada en Pontevedra, e unha docuserie sobre o cura Jesús Silva e a súa Cidade dos Muchachos de Benposta.