Rueda oficializa que a autovía Santiago-A Estrada xa non chegará á Estrada. O presidente presenta os plans do seu goberno para continuar en 2023 a actual AG-59 Santiago-Teo cun primeiro treito de 3,5 quilómetros e, nunha seguinte fase aínda non concretada, cun segundo treito doutros 4 quilómetros, pero renunciando a terceiro e derradeiro de 4,5 quilómetros que chegaría as proximidades da vila da Estrada.
