Coa historia da mercería coruñesa La Crisálida comeza Vinte na Rúa, un novo espazo no que VINTE nos achega historias de xente coa que nos cruzamos a diario e que merecen ser contadas, da man de PuntoGal.

Coa historia da mercería coruñesa La Crisálida comeza Vinte na Rúa, un novo espazo no que VINTE nos achega historias de xente coa que nos cruzamos a diario e que merecen ser contadas, da man de PuntoGal.
As empresas que financien o Xacobeo 2027 terán tres anos completos de rebaixas fiscais. Así o aprobou este mércores a Executiva do Consejo Jacobeo, órgano dependente do Goberno de España para a promoción do Camiño de Santiago, a petición da Xunta. A decisión aprobarase definitivamente o vindeiro día 26 no pleno deste consello, modificando o plan inicial de que as rebaixas fiscais fosen de outubro de 2025 a setembro de 2027. Na imaxe, un concerto en Vigo. patrocinado por Turismo de Galicia durante o Xacobeo 21-22.
Ignasi Belda será o primeiro director xeral da la Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), que terá a súa sede na Coruña. Belda, enxeñeiro informático e doutor en intelixencia artificial aplicada á biomedicina e dereito da tecnoloxía, impúxose nun proceso de selección ao que concorreron máis de cen persoas. Anteriormente exerceu cargos como director xeral do Parc Científic de Barcelona, fundou varias empresas no sector e, destaca o Ministerio para a Transformación Dixital, acumula "máis de 25 premios" á súa traxectoria. [Imaxe: © Daniel Portales, Parc Científic de Barcelona]
O BOE publica a Lei de Amnistía en Catalunya, o que abre un prazo de dous meses para que os tribunais a apliquen a cada persoa con dereito a ela.
María Piñeiro e Antía Yáñez, gañadoras da segunda edición do certame de artigos organizado en torno ao Congreso As Mulleres que opinan son perigosas, cuxa sétima edición se celebrou o pasado febreiro en Pontevedra. A xornalista de El Progreso é distinguida polo artigo titulado Hablar -publicado en El Progreso- e a escritora, pola peza As leis de Newton -que será publicado proximamente-. Na imaxe, a entrega dos galardóns, este luns. [© Deputación de Pontevedra]
Yolanda Díaz anuncia que abandona o liderado de Sumar despois dos malos resultados acadados pola formación nas eleccións deste domingo. Díaz asume a "responsabilidade" e di que "é necesario dar un paso a un lado para dar un paso adiante na política que importa á xente". Con todo, a política galega confirma que seguirá no Goberno como vicepresidenta e Ministra de Traballo.
AMPLIAMOS | Yolanda Díaz anuncia que dá "un paso a un lado" en Sumar para dar "un paso adiante" no Goberno
Ana Peleteiro, campioa de Europa de triplo salto. A ribeirense acadou unha marca de 14.85 metros na final do campionato europeo de atletismo que se está a celebrar en Roma.
Macron convoca eleccións en Francia: "Non podo facer como se non ocorrese nada". O presidente francés disolve a Asemblea Nacional tras coñecer a victoria do partido de extrema dereita de Le Pen nos comicios europeos e avanza unhas eleccións internas nun discurso dirixíndose á cidadanía francesa.
A Real Academia Galega recibe como membro de honra o profesor, embaixador da lingua e da cultura galegas no Xapón Takekazu Asaka. “Para min, nipogalego, desde hai anos a lingua propia de Galicia é a miña segunda lingua. Ser membro de honra desta institución é o máximo que podería agardar dunha terra e dunha xente que tan ben me acolleron, e que me acollen cada vez que volvo”, asegurou no seu discurso no Auditorio da Xuventude de Cambados. [Fotografía CC-BY-SA RAG]
Este venres detectáronse 1.542 raios en toda Galicia. A partir do mediodía deste venres as tormentas estiveron especialmente presentes na metade sur do país, onde se concentrou a actividade eléctrica. En total, dentro e fóra de Galicia, as redes de Meteogalicia contabilizaron 3.638 raios.