106 persoas presentan a súa candidatura para dirixir a Axencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial (AESIA), cuxa sede estará na Coruña. Un grupo de persoas expertas conformado por Jordi Torres, experto en arquitecturas de computación de alto rendemento; Claudio Feijóo, especialista en economía dixital; Nuria Oliver, investigadora en modelos computacionais de comportamento humano; e mais o filosofo político Daniel Innerarity formularán á Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial as súas avaliacións para o nomeamento, que se concretará durante o mes de maio. O resto do persoal da AESIA será seleccionado durante o mes de xuño. Na imaxe, o edificio da Terraza, que acollerá a sede da AESIA.
