As empresas que financien o Xacobeo 2027 terán tres anos completos de rebaixas fiscais. Así o aprobou este mércores a Executiva do Consejo Jacobeo, órgano dependente do Goberno de España para a promoción do Camiño de Santiago, a petición da Xunta. A decisión aprobarase definitivamente o vindeiro día 26 no pleno deste consello, modificando o plan inicial de que as rebaixas fiscais fosen de outubro de 2025 a setembro de 2027. Na imaxe, un concerto en Vigo. patrocinado por Turismo de Galicia durante o Xacobeo 21-22.
- HEMEROTECA | O Xacobeo segue aí: Ano Santo para o novo gabinete de Rueda no inicio do vindeiro ciclo electoral
- HEMEROTECA | Compostela recibiu en 2023 un máximo histórico de peregrinos, un 28% máis que antes da pandemia
- HEMEROTECA | O Estado ve en "risco" a acollida tradicional xacobea pola "mercantilización e turistificación" do Camiño de Santiago
- HEMEROTECA | Os patrocinios do Xacobeo superan os 21 millóns tras sumar 2,5 do concerto de Muse
