O alcalde de Vilagarcía, o socialista Alberto Varela, denuncia que sufriu unha agresión na rúa ao berro de "rojos de mierda". O tamén presidente da Fegamp explica que o home que se "encarou" consigo e co grupo de amizades e familiares que o acompañaba, entre eles a súa filla, tamén "recibiron golpes" no "intento de separalo". "Ela segue preguntándome por que ese home quixo pegarnos e eu aínda non sei que contarlle", explica Varela, quen sente "a obriga moral de reivindicar un mundo mellor e de manifestar a miña máis profunda repulsa aos violentos e aos impulsores do odio". O rexedor vilagarcián presentará denuncia formal este luns. [Imaxe: © Fegamp]