Jácome logra aprobar o Orzamento de Ourense para 2026 co seu voto de calidade. A marcha do grupo do PSdeG (5 edís), que renunciou a participar na votación, engadida á ausencia dun edil do PP e á inesperada presenza dun concelleiro de Democracia Ourensana, enfermo dende hai meses, deu lugar a un empate a 10 votos (os de DO fronte aos 6 do PP e os 4 do BNG) que pemitiu ao alcalde desempatar e afrontar o ano electoral coas contas deste exercicio aprobadas. O rexedor constata que "a ausencia no pleno dun concelleiro do PP cambiou a aritmética" e celebra a aprobación como "moi boa" para a cidade. Na fotografía, Pérez Jácome nunha comparecencia pública.
- HEMEROTECA | A censura non baixa o Miño coma os sumarios xudiciais
- HEMEROTECA | O acordo PP-PSdeG e a promesa de Rueda que romperon os populares para volver pactar con Jácome
- 🔊 HEMEROTECA - PODCAST | Anatomía do de Ourense