Varias cidades galegas acolleron na tarde deste luns concentracións polo dereito á vivenda. Á de Santiago, na Alameda, asistiu a líder da oposición en Galicia, Ana Pontón, e outros cargos do BNG. A nacionalista pide ao Goberno de España "pensar na maioría e non na minoría de grandes propietarios" porque "hai moita xente mirando para este decreto" que o Executivo quere aprobar este martes para facer fronte á crise da vivenda. Na concentración puideron escoitarse berros como "nin casas sen xente, nin xente sen casas" ou "o rendismo é o terrorismo".